InicioEconomíaO Goberno di que traballa para un "bo fin" ao conflito de...

O Goberno di que traballa para un “bo fin” ao conflito de Vestas coas críticas da Xunta

"O apoio á nosa causa é nulo. A nivel institucional, desde a Xunta ata o Goberno de España", din os traballadores.

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Industria, Reyes Maroto, asegurou que aínda ten “confianza” en traballar para lograr un “bo fin” ao conflito da planta de Vestas en Viveiro, a pesar de que os traballadores aceptaron unha conciliación económica previa ao xuízo que estaba previsto celebrar pola súa reclamación contra o despedimento colectivo, que se fai efectivo este venres 31, co cesamento da actividade na factoría.

Coincidindo coa súa participación en Santiago na comisión de seguimento de Alcoa, a ministra foi preguntada polos xornalistas pola crise de Vestas, e reivindicou estar “a traballar desde o primeiro día” niso.

Tamén apelou á “responsabilidade” da Xunta e do seu departamento de emprego, aínda que constatou que “non foi posible” reverter o despedimento colectivo, que afecta a todo o persoal, máis aló dunhas recolocacións. O Goberno central, pola súa banda, dixo, “vai cumprir coa parte” que os traballadores “pediron” en canto á procura de investidores.

Neste sentido, lembrou que “se conseguiu esa reindustrialización” noutra planta que tiña Vestas en Castela e León e mostrou “confianza en que se se traballa ben” e se todas as partes están “unidos”, esta crise tamén pode chegar a un “bo fin”.

Pola súa banda, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, que compareceu a continuación ante os medios de comunicación, responsabilizou ao Executivo central da situación de Vestas, como a de Alcoa e outras industrias galegas. “Hai dous anos, nin Alcoa nin Vestas tiñan ningún tipo de problema”, chegou a afirmar, ao asegurar que entón existía “un prezo eléctrico competitivo e un marco que permitía producir”, no caso de Vestas, produtos do sector eólico.

TRABALLADORES

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, David Mariño, trasladou este mércores a “xornada triste” que viviu o persoal, cunha votación na que “de forma asemblearia e libre” decidiu “o fin da loita”. “O apoio á nosa causa é nulo. A nivel institucional, desde a Xunta ata o Goberno de España apenas nos brindaron máis que unha palmadiñas nas costas“, lamentou.

Así, e aínda que reivindica loitar ” dignamente co obxectivo de atopar un comprador para Vestas Viveiro”, apunta que “o certo é que as últimas mesas industriais mostraron claramente a apatía e falta de compromiso das administracións na procura de solucións e o pouco atractivo que resulta a reindustrialización da Mariña lucense”.

A súa loita “acaba”, segundo interpreta, por “culpa dunha lexislación laboral absurdamente inxusta”. “Visto o deprimente panorama e o pouco probable que sería gañar a nulidade xudicial do ERE, e mesmo gañándoa, no mellor dos casos conduciríanos a outro ERE en poucos días, (polo que) optamos por buscar unha conciliación previa ao xuízo”, informou Mariño.

Así, presentouse e aceptouse unha conciliación económica para todos os traballadores de Vestas e “opcións de xubilación para maiores de 55 anos e unhas recolocaciones no centro de Viveiro que aínda estaban sen cubrir”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...